Datos personales

Mestre de E. Infantil

jueves, 13 de agosto de 2009

Como chega o Outono

Logo da presentación sobre a Primavera vai esta sobre o Outono ( a orixe é igual de descoñecida que a anterior pois foi baixada do mesmo sitio).

A Primavera

Esta é unha presentación sobre a Primavera. Non sei quen a fixo nin lembro de onde a descarguei (si alguén o sabe non teño inconveniente en citalo ou en retirala).


Libros de lectura para 5 anos

Este é o libro de lectura para 5 anos e complementa os dous anteriores. Non van tódalas letras porque eu nunca cheguei a traballa-las todas ( faltan G, J, X, CH, K, e Z). Tampouco hai sílabas trabadas pero si inversas e mixtas. Ao igual que no de tres e catro, hai un libro para completar ( libro de actividades) e outro xa feito ( libro de lectura).

martes, 11 de agosto de 2009

Investiga como viven os vermes da seda


Para poder xogar tes que picar aquí

Por si tivésedes problema para ver o video sobre a vida dos vermes da seda , deixoo aquí abaixo

Video e fotos de como se ferra un cabalo

Neste vídeo podedes ver unha presentación feita con fotos e vídeos curtiños de como se ferra un cabalo.

Presentación de como se fai a vendima

Esta é unha presentación do proceso da vendima.

sábado, 8 de agosto de 2009

Fontes manuscritas

Déixovos esta ligazón a un cartafol onde hai diferentes fontes manuscritas como Escolar, memima, mamut ou outras curiosas.